Vilaweb. Declaración de soberanía e o dereito a decidir do pobo de Cataluña. 23.01.2013

Declaración de soberanía e o dereito a decidir do pobo de Cataluña

Link

Preámbulo

O pobo de Cataluña manifestou democraticamente ao longo da súa historia a vontade de autogobernarse, co obxectivo de mellorar o progreso, o benestar e a igualdade de oportunidades de toda a cidadanía, e para reforzar a cultura propia e a súa identidade colectiva.

O autogoberno de Cataluña fundaméntase tamén nos dereitos históricos do pobo catalán, nas súas institucións seculares e na tradición xurídica catalá. O parlamentarismo catalán ten os seus alicerces na Idade Media, coas asembleas de Paz e Tregua e da Corte Condal.

No século XIV créase a Deputación do Xeneral ou Generalitat, que vai adquirindo máis autonomía ata actuar, durante os séculos XVI e XVII, coma goberno do Principado de Cataluña. A caída de Barcelona en 1714, por causa da Guerra de Sucesión, comportará que Felipe V abola o dereito público catalán e as institucións de autogoberno co Decreto de Nova Planta.

Este itinerario histórico foi compartido con outros territorios, feito que configurou un espazo común lingüístico, cultural, social e económico, con vocación de reforzalo e promovelo desde o recoñecemento mutuo.

Advertisements

Posted on February 5, 2013, in BY COUNTRY, BY DATE, BY LANGUAGE, BY SOURCE, Catalonia, Galician, January 2013, Vilaweb. Bookmark the permalink. Leave a comment.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s